A bola larpeira ou bola de doce é un dos doces tradicionais máis sabedores e sinxelos. Hai zonas nas que non se lle bota crema. Eu desta vez engadinlle unhas pasas maceradas en ron.
Bo proveito!!
Ingredientes:
a) Para o lévedo:
-30 gr. de levadura prensada
-100 gr. de fariña
-auga tépeda
b) Para a masa:
-75 gr. de anís
-100 gr. de leite
-50 gr. de manteiga
-50 gr. de manteiga de vaca
-50 gr. de azucre
-2 ovos
-1 culleradiña de sal
-600 gr. de fariña, aprox.
-reladura de dúas laranxas
-pasas maceradas en ron durante unhas 12 horas
c) Para a crema:
-400 gr. de leite enteiro
-2 ovos
-50 gr. de azucre
-20 gr. de maicena
-unhas areíñas de sal
d) Para a calda de anís:
-50 gr. de anís
-50 gr. de auga
-50 gr. de azucre
e) Para rematar:
-1 ovo batido
-terróns de azucre
-40 gr. aprox. de manteiga a temperatura ambiente
Elaboración:
1. A véspera preparar o levedo nun cacharro de porcelana ou barro, debe quedar unha masa brandiña. Tapar con film transparente e un pano. Deixar repousar nun lugar morno.
2. A véspera prepar tamén a crema: poñer tódolos ingredientes no vaso da thermomix e programar 7 minutos a 90º, velocidade 4. Pasar a crema a unha manga pasteleira (tapada cunha pinza) e deixar arrefecer e logo arrefriar na neveira.
3. Para a masa: Disolver o azucre no leite e quentar un pouco no microondas, non demasiado para non matar o lévedo.
4. Peneirar a fariña nun cacharro grande ou nunha mesa. Facer un oco no medio e poñer os ovos, o leite co azucre, o anís, as manteigas, o sal e a reladura. Amasar lixeiramente ata amalgamar os ingredientes do oco cunha pouca fariña. Engadir o lévedo e amasar.
5. Amasar ben durante uns 10 ou 15 minutos e formar unha masa como de pan, suave, elástica e homoxénea. Ir engadindo fariña ós poucos para ir secando a masa.
6. Cando estea lista, estirar co rolo, salferir as pasas escurridas, dobrar a masa e amasar outro pouco, con coidado de que non saian as pasas.
7. Dar forma de bola baixa sobre unha bandexa con papel de forno. Tapar e deixar subir ata que dobre o volume, ó redor dunha hora.
8. Practicar uns cortes en forma de rombo cun coitelo ben afiado e pintar con ovo batido. Encher os cortes coa crema. Mollar os terróns de azucre na manteiga e cravalos nos rombos, que non sobresaian da superficie.
9. Meter ó forno prequentado a 200º durante uns 30 minutos, ata que estea douradiña. Uns minutos antes de retirar do forno, volver pintar co ovo batido e deixar dourar un pouco máis.
10. Mentres, facer a calda de anís, fervendo tódolos ingredientes durante uns 4 minutos.
11. Sacar a bola do forno e, aínda en quente, pintar ben con todo a calda para que quede ben calada.
12. Retirar da bandexa do forno e deixar arrefecer sobre unha reixa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
Podes deixar aquí os teus comentarios...