lunes, 15 de junio de 2009

Facer pan sen amasar

Unha forma doada de facer pan se non temos tempo para amasar (e se non nos queremos pringar moito ), aínda que precisaremos tempo para o levado:



Os resultados son moi bos se empregamos fariña de gran forza, unha ola de ferro colado (ou no seu defecto de pirex) e vapor no forno.

Á receita básica podémoslle engadir máis ingredientes para enriquecela: (por cada 200 gramos de masa)unha culler de aceite e unha culler de mel ou azucre negro ou vermello.

Velaquí outro exemplo semellante:

sábado, 13 de junio de 2009

Bola larpeira



A bola larpeira ou bola de doce é un dos doces tradicionais máis sabedores e sinxelos. Hai zonas nas que non se lle bota crema. Eu desta vez engadinlle unhas pasas maceradas en ron.

Bo proveito!!

Ingredientes:
a) Para o lévedo:
-30 gr. de levadura prensada
-100 gr. de fariña
-auga tépeda

b) Para a masa:
-75 gr. de anís
-100 gr. de leite
-50 gr. de manteiga
-50 gr. de manteiga de vaca
-50 gr. de azucre
-2 ovos
-1 culleradiña de sal
-600 gr. de fariña, aprox.
-reladura de dúas laranxas
-pasas maceradas en ron durante unhas 12 horas

c) Para a crema:
-400 gr. de leite enteiro
-2 ovos
-50 gr. de azucre
-20 gr. de maicena
-unhas areíñas de sal

d) Para a calda de anís:
-50 gr. de anís
-50 gr. de auga
-50 gr. de azucre

e) Para rematar:
-1 ovo batido
-terróns de azucre
-40 gr. aprox. de manteiga a temperatura ambiente

Elaboración:
1. A véspera preparar o levedo nun cacharro de porcelana ou barro, debe quedar unha masa brandiña. Tapar con film transparente e un pano. Deixar repousar nun lugar morno.

2. A véspera prepar tamén a crema: poñer tódolos ingredientes no vaso da thermomix e programar 7 minutos a 90º, velocidade 4. Pasar a crema a unha manga pasteleira (tapada cunha pinza) e deixar arrefecer e logo arrefriar na neveira.

3. Para a masa: Disolver o azucre no leite e quentar un pouco no microondas, non demasiado para non matar o lévedo.

4. Peneirar a fariña nun cacharro grande ou nunha mesa. Facer un oco no medio e poñer os ovos, o leite co azucre, o anís, as manteigas, o sal e a reladura. Amasar lixeiramente ata amalgamar os ingredientes do oco cunha pouca fariña. Engadir o lévedo e amasar.

5. Amasar ben durante uns 10 ou 15 minutos e formar unha masa como de pan, suave, elástica e homoxénea. Ir engadindo fariña ós poucos para ir secando a masa.

6. Cando estea lista, estirar co rolo, salferir as pasas escurridas, dobrar a masa e amasar outro pouco, con coidado de que non saian as pasas.

7. Dar forma de bola baixa sobre unha bandexa con papel de forno. Tapar e deixar subir ata que dobre o volume, ó redor dunha hora.

8. Practicar uns cortes en forma de rombo cun coitelo ben afiado e pintar con ovo batido. Encher os cortes coa crema. Mollar os terróns de azucre na manteiga e cravalos nos rombos, que non sobresaian da superficie.

9. Meter ó forno prequentado a 200º durante uns 30 minutos, ata que estea douradiña. Uns minutos antes de retirar do forno, volver pintar co ovo batido e deixar dourar un pouco máis.

10. Mentres, facer a calda de anís, fervendo tódolos ingredientes durante uns 4 minutos.

11. Sacar a bola do forno e, aínda en quente, pintar ben con todo a calda para que quede ben calada.

12. Retirar da bandexa do forno e deixar arrefecer sobre unha reixa.

Torta de tres chocolates




Hai máis fotos en picasa



Ingredientes:

-150 gr de chocolate negro
-150 gr de chococolate con leite
-150 gr de chocolate branco
-150 gr de azucre
-750 ml. de nata
-750 ml. de leite
-90 gr de xelatina neutra
-whisky ou ron, (opcional e na cantidade que se queira, pero non máis de 20 gr. por cada chocolate)
-unha base de bizcoito, calda, ron ou whisky adicionais


Elaboración:

1. Colocar a base de bizcoito no fondo dun molde desmoldable e calar con calda, licor, whisky ou ron.

2. Poñer no vaso o chocolate negro, 50 gr. de azúcre, 250 ml de nata e 250 ml de leite. Programar 7 minutos, a 90º, velocidade 5. Cando queden uns segundos, engadir 30 gr. de xelatina. Verter sobre a base de bizcoito e deixar callar uns minutos na neveira.

3. Poñer no vaso o chocolate con leite, 50 gr. de azúcre, 250 ml de nata e 250 ml de leite. Programar 7 minutos, a 90º, velocidade 5. Cando queden uns segundos, engadir 30 gr. de xelatina. Verter sobre a capa de chocolate negro e deixar callar uns minutos na neveira.

4. Poñer no vaso o chocolate con leite, 50 gr. de azúcre, 250 ml de nata e 250 ml de leite. Programar 7 minutos, a 90º, velocidade 5. Cando queden uns segundos, engadir 30 gr. de xelatina. Verter sobre a a capa de chocolate con leite e deixar callar unha hora na neveira.

5. Meter no conxelador 6 ou 8 horas e sacar dúas horas antes de servir. Para desmoldar, mollar un pano en auga ben quente e poñer ó redor do molde uns minutos. Retirar o aro e servir na base do molde. Pódese decorar cunhas follas de chocolate branco e negro, ou con cacao en pó, ou con flores de nata, crema de chocolate, etc.

Nota: Esta torta pódese facer tamén sen emprega-la thermomix: Trocear o chocolate nun recipiente fondo. Poñer a ferver a nata con 200 ml leite e o azucre. Mentres, desfacer a xelatina en 50 ml. de leite tépedo. Cando ferva a nata, botala sobre o chocolate e remexer seguido ata que se desfaga completamente. Engadir a xelatina e disolver na crema de chocolate. Verter sobre a base de bizcoito. Co resto dos chocolates, proceder do mesmo xeito.

Primeira entrada!

Acabo de terminar de crear este blog como exercicio do curso da Web 2.0 que nos dá Pedro Cuesta.